Cargando resultados...
A aplicación Sergas Móbil permitirá contactar co 061 e xeolocalizar a chamada
A aplicación Sergas Móbil permitirá contactar co 061 e xeolocalizar a chamada
A ferramenta permitirá coñecer máis axiña o lugar exacto da emerxencia
G24.gal
14/01/2023 20:20
Última actualización 14/01/2023 21:21
A aplicación do Servizo Galego de Saúde, Sergas Móbil, pon en marcha unha nova prestación que permitirá chamar directamente o 061 cando se teña unha emerxencia e xeolocalizar a chamada.
Con esta ferramenta, o equipo do servizo de emerxencias poderá coñecer máis axiña o lugar exacto desde o que se realizou a alerta.
Sanidade lembra que coa aplicación Sergas Móbil, a cidadanía pode realizar diversos trámites, como xestionar as súas citas ou recibir atención na súa propia casa a través de videoconsulta, sempre que non se precise a atención presencial.