Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres buques da Armada fan parada no Porto de Vigo

Tres buques da Armada fan parada no Porto de Vigo

O portavións Xoán Carlos I, o anfibio Galicia e a fragata Blas de Lezo pódense visitar ata este venres

G24.gal 10/07/2024 22:15

As embarcacións chegaron este mércores ao porto de Vigo tras navegar de Istambul a Helsinki despois de case catro meses de actividades e exercicios no flanco marítimo da OTAN. Poucas horas despois de soltar amarras, estes buques da Armada abrían as súas portas ao público. 

Impoñentes e ben visibles dende moitos puntos da cidade, este grupo de combate está composto pola fragata Blas de Lezo, o buque de asalto anfibio Galicia e o portaavións Xoán Carlos I. Este último, un dos que máis colas e expectación xerou.

Pódense visitar estes tres buques. Este xoves dende as dez da mañá e ata as oito da tarde. O venres, só de mañá, xa que pola tarde partirá cara a Rota. Antes de marcharen, farán unha exhibición aeronaval e anfibia na praia de Samil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade