Publicador de contidos
Publicador de contidos

A arte urbana réndese diante da diversidade en Santiago

A arte urbana réndese diante da diversidade en Santiago

Rapaces da fundación INGADA pintan un mural en Santiago a prol da pluralidade
 

G24.gal 28/05/2022 15:34 Última actualización 28/05/2022 15:50

O Camiño de Santiago, unha idea e unha ducia de rapaces dispostos a todo, artisticamente falando. Esta mañá na Rocha Vella, preto de Santiago, a iniciativa consistía en facer un mural nun espazo público para trasladarlles aos peregrinos unha imaxe de diversidade e solidariedade entre persoas.

O proxecto parte da fundación Ingada, que trata rapaces con déficit de atención. E para ofrecer unha motivación extra, contaron coas indicacións de Diego As, o graffiteiro lugués que acaba de gañar o premio ao mellor mural do mundo, polo seu Xulio César na Muralla de Lugo.

"É un camiño, a xente vai por el. Uns van campo través, outros atravesan. Cada un ten a súa forma de ser, e hai que ser diversos e vai reflectir todo iso", describe o proxecto Diego Anido, o artista colaborador.

A iniciativa forma parte da oitava edición Camiño da Diversidade coa que a fundación galega fomenta o compañeirismo e a colaboración entre os rapaces participantes.

"Coñecen rapaces doutras entidades para que vexan que todos temos os mesmos obxectivos: a integración, que a xente poida realizarse como persoa e que todos podemos sumar", apunta a vicepresidenta da fundación INGADA.

A arte urbana converteuse desta vez no mellor instrumento para fomentar o entendemento nun mundo diverso e plural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade