A Asociación de Empresarios de Mos amence con pintadas en defensa de Rusia
A Asociación de Empresarios de Mos amence con pintadas en defensa de Rusia
A sede de AEMOS amence con pintadas en defensa de Rusia na súa fachada
A autoría dos feitos foi recoñecida a través das súas redes sociais polo Comité Antifascista Lourinha.
A Asociación de Empresarios de Mos denunciará este luns os feitos.
A sede de AEMOS, a Asociación de Empresaros de Mos, amenceu este domingo con pintadas na súa fachada en defensa de Rusia. Dúas grandes zetas e unha proclama que di "viva Rusia" son para o xerente desta asociación "un ataque en toda regra".
De feito, dita organización participou activamente na recollida de alimentos, material farmacéutico e diñeiro para enviar a Ucraína. A autoría dos feitos foi recoñecida a través das súas redes sociais polo Comité Antifascista Lourinha, que condena a axuda ao réxime ucraíno e manifesta que todos aqueles que amosen o seu apoio ao nazismo e á guerra da OTAN contra Rusia deben ser marcados publicamente.
A asociación de Empresarios de Mos denunciará estes feitos.