Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación Empresarial Eólica pide unha solución á paralización de parques en Galicia

A Asociación Empresarial Eólica pide unha solución á paralización de parques en Galicia

A Federación Galega da Construción alerta da perda de empregos polo bloqueo

G24.gal 18/07/2023 20:48 Última actualización 18/07/2023 20:55

A Asociación Empresarial Eólica pide unha solución á paralización de proxectos eólicos en Galicia. 

Nun comunicado, o colectivo insta as institucións a atoparen "unha solución urxente ao bloqueo  actual".

A asociación culpa da paralización "colectivos antieólicos" e a interpretación que os tribunais en Galicia fan da aplicación da lei de avaliación de impacto ambiental.

Tamén a Federación Galega da Construción di que a paralización dos proxectos eólicos supón "unha perda para a creación de emprego e de oportunidades para o desenvolvemento industrial de Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade