A Asociación Galega do Hidróxeno coordinará as 700 empresas da Alianza Industrial para as Renovables

En Galicia xa hai varias iniciativas en marcha, na central térmica de Meirama e As Pontes
O hidróxeno verde abre múltiples posibilidades no sector enerxético. En Galicia xa hai varias iniciativas en marcha, na central térmica de Meirama, Naturgy, Repsol e Reganosa impulsan unha planta de hidróxeno de 54 hectáreas. Tamén EDP e Reganosa prevén a contrución doutra planta nas Pontes a principio do ano que vén. A Asociación Galega do Hidróxeno será a encargada de coordinar estes proxectos.
Galicia aspira a converterse no epicentro do futuro enerxético descarbonizado cunha alianza que xa conta cunha decena de asociacións que representa setecentas empresas.
Tamén os portos, o de Vigo e o da Coruña, desenvolven este tipo de proxectos vinculados aos gases renovables.