Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia delibera sobre se abre o proceso de xurado no caso Déborah

A Audiencia delibera sobre se abre o proceso de xurado no caso Déborah

Se non se acepta o recurso da familia, a causa podería pecharse

G24.gal 08/09/2022 15:44 Última actualización 08/09/2022 18:13

A sección segunda da Audiencia estudará o recurso de apelación presentado pola familia de Déborah contra o auto da xuíza instrutora, que rexeitara abrir o procedemento do tribunal de xurado.

Esta decisión será revisada polo órgano provincial, que lle dera a razón en ocasións anteriores á acusación particular. Para a familia sería un grande avance.

Se non se acepta o recurso, a causa podería pecharse. Outro tema importante é a posible manipulación do disco duro do ordenador de Déborah. A familia non entende por que a xuíza encargou un segundo informe á Garda Civil.

Os avogados afirman que esta é tan só unha das múltiples irregularidades da investigación. Será a vindeira semana cando saia a resolución da Audiencia, que marcará o devir deste caso sen resolver. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade