Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional admite a trámite a macroquerela contra o pseudogurú Amadeo Llados

A Audiencia Nacional admite a trámite a macroquerela contra o pseudogurú Amadeo Llados

Presentárona máis dun milleiro de afectados, que acusan o influencer de estafa e delitos de odio

G24.gal 02/08/2024 14:51

O inlfuencer Amadeo Llados vende a historia de que comezou dende abaixo e conseguiu construír toda unha fortuna en pouco tempo. Presume dela nas redes sociais, onde suma millóns de seguidores. E promove ese suposto camiño cara ao suposto éxito, sempre que se siga un método patentado por el, que se aprende en cursos de pago.

Por 1.800 euros, segundo a súa páxina web, Amadeo Llados dáche a guía para que xuntes "o teu primeiro millón", suponse que de euros. As chaves, unha combinación de traballo físico na procura do suposto corpo perfecto, e sacrificio emocional: chama a eliminar vínculos con familiares e amigos que poidan lastrar esa suposta carreira ao éxito. 

Pero hai indicios de que non cumpre o que promete, e por iso a Audiencia Nacional admitiu a trámite unha macroquerela contra este pseudogurú presentada por máis dun milleiro de afectados. Acúsano de estafalos e de ter montada ademais unha estrutura de estafa piramidal. Porque -supostamente- os alumnos do método Llados encárganse de captar novos adeptos: o influencer cobraríalles unha cantidade mensual para que ascendan a esa categoría, prometéndolles unha porcentaxe das vendas que consigan. 

Demándano tamén por delitos de odio, polas mensaxes que difunde nas redes sociais descualificando as persoas con exceso de peso ou con baixos ingresos. A macroquerela podería ampliarse con máis afectados, incluso doutros lugares do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade