Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional condena a Bárcenas por pagar en B a reforma da sede do PP

A Audiencia Nacional condena a Bárcenas por pagar en B a reforma da sede do PP

A sentenza considera probado que pagou en B máis dun millón de euros pola reforma e condénao a dous anos de cárcere

Absolve o PP da acusación de delito fiscal

Luis Bárcenas Luis Bárcenas
David Fernández 28/10/2021 14:40

A Audiencia Nacional condena a dous anos de prisión o extesoureiro do PP, Luis Bárcenas. A sala do penal considera probado que pagou en B máis dun millón de euros pola reforma da sede nacional do partido.

Di a sentenza que o fixo á marxe da facturación e da contabilidade oficial e imponlle unha multa dun millón dous centos mil euros. Tamén condena a dous anos e nove meses os socios da empresa que fixo as obras.

A Audiencia Nacional condena tamén esa empresa, Unifica, e o Partido Popular como responsables civís subsidiarios dos delitos cometidos polos seus empregados e xestores, en relación cunhas obras que se realizaron entre 2005 e 2010. 

Por contra, absolve o PP da acusación de delito fiscal en 2008, ao aceptar a falta de lexitimación das acusacións populares para soster en solitario a acusación contra o PP como responsable civil subsidiario do que non acusaban nin a Fiscalía nin a Avogacía do Estado.

En calquera caso, deixa claro o tribunal que, da valoración da proba practicada no xuízo oral, fundamentalmente a documental, así como as declaracións periciais dos funcionarios da Axencia Tributaria e un perito da defensa, non pode considerarse acreditada a comisión do devandito delito fiscal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade