Publicador de contidos
Publicador de contidos

A auga de Foz é de novo apta para beber e cociñar tras oito días con problemas

A auga de Foz é de novo apta para beber e cociñar tras oito días con problemas

As analíticas confirman que xa non hai ningún problema para o consumo

O Concello destaca a eficiencia das medidas adoptadas e tranquiliza se a cor é estraña unhas xornadas máis

Zona do río Masma onde Foz capta a auga para o consumo Zona do río Masma onde Foz capta a auga para o consumo
G24.gal 12/08/2023 13:28

Foz recupera a normalidade na subministración de auga da traída, que é de novo apta para o consumo humano, tanto para beber como para cociñar.

Os resultados das mostraxes tomadas entre o luns e mércores desta semana eliminan as recomendacións de evitar o seu uso para estas fins.

O alcalde, Fran Cajoto, destacou que as medidas de corrección funcionaron, por exemplo, a substitución do cloro no pretratamento por peróxido de hidróxeno.

O Concello pediu desculpas polas molestias causadas e, agora, solucionado o problema, cre que é tempo de analizar que medidas adicionais poden tomar na potabilización para que non volva ocorrer.

Ademais, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade sobre a cor da auga, en que, segundo apuntou, tamén ten incidencia a utilización do peróxido de hidróxeno como reactivo en lugar do hipoclorito.

En todo caso, confirmou que seguirán realizando unha toma de mostras continua, para garantir "auga de calidade" porque, engadiu, a prioridade é conseguir dar o mellor dos servizos posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade