Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado o aviso laranxa por choivas en Barcelona e Tarragona

Activado o aviso laranxa por choivas en Barcelona e Tarragona

Tamén hai aviso amarelo por precipitacións e tormentas nas Baleares

A rambla de Tiana onde faleceu unha muller arrastrada polas augas. EFE/Quique García A rambla de Tiana onde faleceu unha muller arrastrada polas augas. EFE/Quique García
G24.gal 08/09/2024 11:01 Última actualización 08/09/2024 11:18

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou este domingo o aviso laranxa en zonas de Cataluña por choivas, e o amarelo por tormentas e fenómenos costeiros. Tamén nas illas Baleares están en alerta por precipitacións e tormentas importantes.

No litoral de Barcelona e no norte de Tarragona agárdanse acumulacións de ata 40 litros por metro cadrado nunha hora. Ademais, poderían rexistrarse tormentas, con probabilidade de sarabia.

Os fenómenos costeiros, con ventos de 50 a 60 quilómetros por hora (forza 7) e ondas de dous a tres metros, prevense sobre todo a última hora da tarde en Xirona, en concreto na costa do Empordán.

Pola súa banda, todo o arquipélago balear ten activado o aviso amarelo. En Mallorca e Menorca, por choivas que poden deixar precipitacións acumuladas nunha hora de ata 30 litros por metro cadrado, ocasionalmente acompañadas de tormenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade