A baixada do prezo do aceite de oliva en orixe non chega aos consumidores

O aceite de oliva baixa en orixe, pero non nos supermercados

Os agricultores están cobrando un euro menos por quilo do que lles pagaban en setembro

O aceite de oliva segue igual de caro nos supermercados
G24.gal 20/11/2023 14:25

Despois dun ano de subas continuas, o aceite de oliva baixa o seu prezo, pero só en orixe. A pregunta que todo o mundo se fai é que vai pasar agora nos supermercados.

"Vai pasar como coa gasolina".

 "Que vai estar igual".

"Unha vez que baixe en orixe notarémolo, pero non tanto, non se vai notar tanto, penso eu, porque van procurar mantelo alto".

 "Estes 'senvergoñas' non nos van deixar vivir", comentan na rúa.

De media baixou en orixe un euro. Aos agricultores, que chegaron a cobrar ata oito euros por quilo de aceite no mes de setembro, estanlles a pagar agora ao redor de sete, pero iso non significa que vaia repercutir nos consumidores, polo menos a curto prazo.

 "Se o xestionase eu, como xestiono as miñas cousas da casa, dende logo pagaríalle máis ao agricultor que o que lle pagaría ao supermercado, porque os supermercados ganan moitos cartos", apunta unha señora.

No que vai de ano, o prezo incrementouse un 75 %, e iso significou unha caída no consumo de ao redor do 40.

 "Pois procuro facer menos cousas, claro".

 "Reducimos o consumo un pouco, e ademais usamos outros, igual mercamos en lugar de aceite de oliva todo, pois xirasol ou así".

Baixa o consumo, pero tamén a produción. Caeu un 50 % o ano pasado e esta campaña tampouco está sendo boa. Muíños e envasadoras teñen as reservas baixas e non se van desprender delas a un prezo máis baixo do que pagaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade