Cargando resultados...
A Bonoloto deixa en Cerdedo-Cotobade un premio de 1,6 milóns de euros
A Bonoloto deixa en Cerdedo-Cotobade un premio de 1,6 milóns de euros
Ninguén sabe aínda quen foi a persoa afortunada que acertou a combinación gañadora
G24.gal
29/03/2024 15:21
A sorte viaxou onte, Xoves Santo, ao municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 1,6 millóns de euros é o premio co que a Bonoloto agasallou un dos seus veciños.
Ninguén sabe aínda quen foi o único agraciado ou agraciada de primeira categoría, con 6 acertos na combinación gañadora. E este venres, ao ser xornada festiva, as dúas administracións da zona están pechadas.
Con todo, a alegría é conxunta porque a fortuna visitou alguén da zona.