Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Bonoloto deixa un premio de tres millóns de euros na cidade de Ourense

A Bonoloto deixa un premio de tres millóns de euros na cidade de Ourense

Sospeitan que o afortunado ten que ser un veciño da zona, xa que os que van selar lotería adoitan ser sempre os mesmos clientes

G24.gal 26/01/2023 10:30

Ourense espertou este xoves cun novo millonario. O sorteo da Bonoloto deixou un premio de tres millóns de euros na cidade.

O boleto selouse no café bar Chico da avenida de Bos Aires. Seis números, o 11, 17, 22, 31, 35 e 43 trouxeron a sorte a Ourense. Son os que marcou o único acertante do sorteo da Bonoloto.

O premio, máis de tres millóns de euros, é o primeiro importante que reparten os propietarios deste local tras 14 anos á fronte. Sospeitan que o afortunado ten que ser un veciño da zona, xa que os que acoden a selar lotería adoitan ser sempre os mesmos clientes.

Este é o premio máis alto, pero nos últimos seis meses a Bonoloto deixou tamén outras cantidades máis pequenas pola provincia. En total este sorteo repartiu en Ourense 4 millóns de euros en medio ano.

A cidade parece que está de sorte nos xogos de azar, esta mesma semana a quiniela deixaba tamén un bo pico aquí na cidade, no bar San Pedro preto de 300.000 euros, selaron un pleno ao quince. A sorte pasou de longo nos sorteos do Nadal pero parece que agora a temos de cara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade