Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entre a dor e a esperanza, a busca dos desaparecidos pola DINA non cesa

Entre a dor e a esperanza, a busca dos desaparecidos pola DINA non cesa

A familia dos dous menores desaparecidos en Torrent pide máis axuda para localizalos

G24.gal 06/11/2024 14:39

Entre o lodo e os cascallos, a busca dos desaparecidos non cesa. Algúns son maiores e outros moi novos, como Rubén e Izán, os dous meniños de tres e cinco anos que desapareceron en Torrent. A forza da auga arrancounos das mans do seu pai segundos despois de que un camión batera contra a súa vivenda. 

A familia pide máis axuda para inspeccionar cada recuncho das zonas devastadas pola DINA.  A mesma que tamén reclaman aqueles que din que o perderon todo.

Outras familias, atrapadas entre a dor e a esperanza, seguen agardando novas, e estas ás veces, si chegan. Como foi o rescate dun home parapléxico que, despois de varios días aboiando na súa casa, xa se recupera no hospital. Hoxe a súa familia só pode dar as grazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade