Unha persoa morta e doce feridas na cabalgata de Marchena
Unha persoa morta e doce feridas na cabalgata de Marchena
Tres das feridas están graves, incluído un neno de dous anos
Levounas por diante o tractor dunha das carrozas por causas que se descoñecen
Unha septuaxenaria morta e doce feridos, tres graves, entre eles un neno de dous anos. É o tráxico balance do atropelo que se producía o pasado serán no transcurso da cabalgata de Reis na localidade sevillana de Marchena.
Por causas que se descoñecen, o tractor que tiraba dunha das carrozas levou por diante varias persoas e acabou impactando cunha parede. Sucedeu nun treito en pendente.
Efectivos da Policía Local, da Garda Civil, dos bombeiros da Deputación de Sevilla e do Centro de Emerxencias Sanitarias 061 desprazáronse ao lugar alertados polo 112.
Os feridos graves foron trasladados ao Hospital Infantil Virgen del Rocío. Tamén foi levado en ambulancia o condutor do tractor accidentado, que sufriu unha crise de ansiedade.
Tanto o presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, como o delegado do Goberno na comunidade, Pedro Fernández, trasladaron as condolencias e todo o seu apoio á familia da falecida, ás persoas feridas e á vila da Marchena.