Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caída de parte dunha árbore evidencia o risco alto duns eucaliptos en Santiago

A caída de parte dunha árbore evidencia o risco alto duns eucaliptos en Santiago

Veciños de San Lourenzo instan o Concello a que os corte, pola proximidade ás vivendas

Afortunadamente, o último incidente non ocasionou danos persoais

Imaxe deste xoves con parte do eucalipto apoiando nos cables despois de que o vento partira unha póla
G24.gal 09/03/2023 14:01

"A póla caeu na estrada, e tivermos sorte, que non foi das máis grosas, senón habería un desastre", conta Mila, unha das veciñas do barrio de San Lourenzo, en Santiago, directamente prexudicada por este grupo de grandes eucaliptos de dono descoñecido que levan anos atemorizando cando se intensifica o vento. "Coma este mércores. Por sorte a caída da póla só colleu por baixo parte dun coche. Pero o risco maior persiste, especialmente para quen viven máis preto".

Juan Antonio García vive na rúa do Agro das Barreiras, e di que "a miña casa é a primeira, a máis próxima aos eucaliptos. Deste risco sabe o Concello, que nunca contestou. As queixas eleváronse á institución do Valedor do Pobo e tampouco temos notificación ningunha. E seguimos á espera".

E agora, con parte da póla apoiada nos cables, din que os bombeiros foron onte e só cortaron a galla que invadía o camiño e critican a inacción do Goberno local e, en concreto, sinalan o alcalde.

"Este traballo correspóndelle ao Concello, que ten obriga por lei e polas ordenanzas municipais de actuar de oficio cando os propietarios deixan de coidar os seus terreos", di Jon Brokenbrow, presidente da asociación veciñal.

Mila Romero, vive preto do grupo de eucaliptos e di que "a quen lle corresponde" resolver "sabe de sobre quen é. Por riba, veciño do barrio. El prometeu fai catro anos que estes eucaliptos non ían estar aquí. Aí seguen e non se fai nada. E non se fará nada ata que pase algo grave. Nós queixámonos todos os días. Pasan de nós". Conclúe cunha pregunta: "Que máis queren?".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade