Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña de vacinación contra a covid e a gripe comeza o 25 de setembro

A campaña de vacinación contra a covid e a gripe comeza o 25 de setembro

Na campaña contra a gripe inclúense os menores de 6 anos e, por primeira vez, as persoas fumadoras

G24.gal 16/09/2023 14:40 Última actualización 16/09/2023 14:54

Os grupos de risco incluídos na campaña de vacinación son aqueles que teñen o seu sistema inmunitario máis vulnerable. A recomendación dos expertos é que volvan vacinarse, xa que a suma da vacina e da inmunidade natural tras superar a infección é a máis efectiva contra a covid.

“Temos que dirixir os esforzos en convencer esa xente para que se vacine, porque están aínda en risco de enfermidade grave e de ter que ingresar no hospital, como aínda estamos a ver”, explica José Gómez Rial, Inmunólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A vacinación será conxunta contra a covid e contra a gripe para os maiores de 60 anos. Na campaña contra a gripe inclúense os menores de 6 e, por primeira vez, as persoas fumadoras.

“A gripe é un virus que ten capacidade de mutación, cada ano é un virus novo, polo que hai unha altísima recomendación de que os grupos de risco se vacinen contra a gripe. A gripe cada ano colapsa os hospitais”, asegura.

A campaña de vacinación vaise estender ata o 31 de decembro. O obxectivo é superar o 75 % da poboación diana inmunizada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade