Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Candeloria augura un longo inverno

A Candeloria augura un longo inverno

A Candeloria riu, o inverno está por vir

G24.gal 02/02/2023 14:20

Hoxe é o día da Candeloria e o templo románico de Castrelos, en Vigo, e a súa contorna acolleron a tradicional romaría das Candeas. 

Ao non chover hoxe e acolléndose o dito popular, o inverno está  por vir. Son moitos os devotos destas romarías de inverno que comezan na área de Vigo co San Mauro de Matamá, as Candelas hoxe e mañá o San Brais de Bembrive que xa se leva celebrando  15 días nos furanchos da entidade menor viguesa, aínda que mañá será o día grande.

En Castrelos retomouse por segundo ano tras a pandemia a solta das dúas rulas e a presentación do Neno que leva no colo a Virxe da Candeloria.

Unha romaría de mañá con menos xantar que outras pero con toda a tradición de sempre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos