Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caseira ocúpalle ilegalmente a vivenda que tiña alugada

A caseira ocúpalle ilegalmente a vivenda que tiña alugada

Quedaran en que lle daba ata xaneiro para baleirar a casa e a semana pasada xa non puido acceder

Non sabe nada de máis de douscentos cadros seus e doutros pintores recoñecidos

G24.gal 19/12/2023 13:54

O pintor José Antonio Navas Novas teme que perdera a meirande parte da súa obra e das pertenzas da súa familia. Alugou hai máis dunha década unha vivenda no barrio de Teis. Sempre ao corrente do pago da renda, da luz e da auga, cando os propietarios morreron, a herdeira pediulle que o deixara porque o necesitaba. Accedeu e pediulle tempo para baleiralo. Aos quince días comezou o pesadelo. 

José Antonio Navas relata o seu calvario: "Despois de dez nos e unha boa relación coa miña caseira e os seus irmáns e toda a xente que esta no ámbito da miña vivenda, atopámonos de repente un día conque cambiaran as chaves e non temos acceso. A partir de alí comezou o calvario de tentar recuperar as nosas cousas, de tentar falar con esta persoa que se nega, e mesmo diante da policía dixo que non me coñecía de nada".

O seu fillo Antón quedou de xeo cando e achegou a vivenda cando o pai estaba en Barcelona. "Chegas un día a tocar un instrumento que tes na casa do teu pai e atopas todo cambiado, fechaduras, que non podes entrar, que hai alguén dentro, que hai indicios de vida...".

Puxeron denuncias na policía e nos xulgados. Temen que se faga xustiza demasiado tarde, porque non saben onde están as súas pertenzas, incluídas cinco escopetas e munición de cando era cazador. Cadros, xoias, instrumentos musicais e mesmo as cinzas da avoa. Conta José Antonio angustiado que na vivenda de Teis ten "máis de duascentas obras miñas, pintadas por min, e unha relación de cadros que fun mercando durante toda a miña vida, cun valor moi importante". "Todo o contido da casa en paradoiro descoñecido, supostamente. A señora di que alí non hai nada, que non nos coñece...", salienta o seu fillo

A propietaria da vivenda neste edificio cara ao mar no barrio de Teis desbotou falar á cámara da Televisión de Galicia. Di que non hai ningún problema, que é a propietaria, e que deixa o tema nas mans da xustiza. Mentres, José Antonio desespera e teme que desaparezan toda a súa obra e a herdanza dos seus fillos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos