Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ocupación hoteleira supera o 90 % nalgunhas zonas de Galicia

A ocupación hoteleira supera o 90 % nalgunhas zonas de Galicia

Praias, paseos e terrazas están ateigados estes días de turistas

Os profesionais da hostalaría esperan repetir na segunda quincena de agosto niveis altos de ocupación se hai bo tempo

G24.gal 18/08/2024 14:54 Última actualización 18/08/2024 15:12

Uns marchan das vacacións e outros acaban de chegar. 

"Hoxe pasamos aquí o día e a comer polbo", "Agora toca traballar, o día a día a rutina, é como se aprecia despois mellor as vacacións tamén", contan algúns dos visitantes.

Moitos rematan as vacacións coa fin da ponte festiva e outros comezan os días de descanso nesta segunda quincena de agosto.

"Estou nun circuíto e moi ben, hai moita xente", "Estamos percorrendo a provincia de Pontevedra, estivemos en moitos sitios e hoxe decidimos ter un pouco de relaxamento, imos estar na praia", engaden outros. 

Praias, paseos e terrazas ateigadas de turistas son imaxes que se repiten en boa parte de Galicia
A ocupación superou o 80 por cento, con picos de máis do 90, segundo as zonas, coma esta de Sanxenxo. Uns niveis de ocupación que os profesionais da hostalaría esperan repetir na segunda quincena de agosto.

"Nós estamos entre o 90 e o 95 por cento de ocupación, uniuse a longa estancia coa curta estancia con esta ponte, pero estamos moi satisfeitos. Esperamos que ata finais de mes se o tempo nos segue acompañando desta maneira sexamos capaces de manter esta boa ocupación", di Óscar Fontán, director do Gran Talaso Hotel Sanxenxo.

Agora toca para uns gozar do tempo libre e para outros esperar ás seguintes vacacións.

"Xa teño un pouco de morriña das vacacións antes incluso de chegar á casa, pero foron gozadas tamén", sentencia outra turista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade