Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Catedral crea un circuíto específico para ir ao sepulcro e abrazar o Apóstolo

A Catedral crea un circuíto específico para ir ao sepulcro e abrazar o Apóstolo

A entrada é pola Acibechería e a saída pola porta dos Abades, cara á Quintana

Recuperan así o ritual suspendido en 2020 pola pandemia da covid-19

Recomendan non bicar a esclavina e prohiben as fotos para ir máis rápido

G24.gal 14/06/2023 15:21 Última actualización 14/06/2023 16:01

Á primeira hora da mañá algúns peregrinos xa agardaban na porta da Acibechería que se reabrirá o ritual que quedou en suspenso hai máis de tres anos.

Os responsables da Catedral levaban tempo estudando a maneira de que esta tradición interferise o menos posible con outras dinámicas habituais do interior do templo. Por iso crearon un circuíto específico.

A entrada é pola praza da Acibechería, pasa polo pasadizo subterráneo do sepulcro e volve cara a esa lado da xirola polo pasadizo dos abrazos que atravesa a parte posterior do altar maior.

A saída cara ao exterior faise pola que chaman a porta dos Abades, unha vía cara a Quintana que se leva abrindo tamén nos últimos anos santos. 

Pese a que xa non hai ningunha restrición sanitaria obrigatoria, recomendan que o contacto coa figura se limite aos brazos e ás mans. 

Outra cousa na que fan especial fincapé, o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, é en que van procurar que o discorrer da ringleira de visitantes sexa áxil.

Por iso vai estar prohibido facer fotos, algo que comprobaron que era o que máis ralentizaba a visita. 

A saía é pola porta dos Abades, que tamén se abre nos anos santos A saía é pola porta dos Abades, que tamén se abre nos anos santos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade