Longas ringleiras na Catedral de Santiago e cifras de 4.000 compostelas diarias
Longas ringleiras na Catedral de Santiago e cifras de 4.000 compostelas diarias
O ano apunta a récord histórico cunha suba do 14 % respecto do ano 2023
Longas ringleiras na Catedral de Santiago noutro ano que apunta a récord histórico de peregrinos. Estes días, ante a afluencia de xente, abriuse a Porta dos Abades, que facilita os accesos sobre todo aos que queren entrar directos ao sepulcro do Apóstolo.
A ringleira na Porta de Abades na praza da Quintana ábrese puntualmente cando é necesario pola cantidade de xente que visita a Catedral, sobre todo nos meses de verán. Ás veces algúns turistas ou peregrinos poden despistarse xa que o acceso por Praterías é para ver o resto da Catedral ou a misa.
A ringleira nas Praterías é aínda maior en hora punta. No que vai de ano máis de 300.000 compostelas seláronse na Oficina de Acollida ao Peregrino, un 14 por cento máis que no 2023.
Só un estraño cambio radical nesta tendencia de expansión do Camiño de Santiago evitaría bater o récord histórico de 446.000 visitantes e por que non superar a barreira do medio millón.