Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incidente entre un veciño e un grupo de peregrinos acampados na Catedral de Santiago

Incidente entre un veciño e un grupo de peregrinos acampados na Catedral de Santiago

O cidadán gravou os turistas, que durmían con sacos nas escaleiras da praza das Praterías

O Concello de Santiago puxo en marcha unha iniciativa mediante a que "informadores turísticos" darán a "benvida aos visitantes"

Imaxes cedidas por @compostelaresiste
G24.gal 26/08/2024 19:20

Un novo incidente entre veciños e turistas en Santiago de Compostela causou balbordo na cidade despois de que un grupo de turistas estranxeiros acamparan con sacos de durmir nas escaleiras da praza das Praterías, na parte de traseira da Catedral.

Nesta ocasión, a conta que se fai eco das críticas dos composteláns baixo o nome Compostela Resiste subiu un vídeo en que un veciño compostelán reprende a este grupo de turistas aos que lles advirte de que as escaleiras dunha das principais prazas da zona monumental compostelá “non son un sitio para durmir”.

“Isto non é un albergue. Isto, a miña cidade, non é un circo”, repréndeos o cidadán que grava estas persoas.

Ante as queixas dos veciños, o Concello de Santiago puxo en marcha unha iniciativa mediante a que "informadores turísticos" voluntarios, divididos en cinco parellas, darán "a benvida aos visitantes" e ofrecerán información para concienciar as persoas sobre a necesidade de realizar "un turismo respectuoso". Farano nun horario de 9:00 a 13:00 horas e contarán cunha tableta e un sonómetro.

Un total de dez persoas percorrerán durante os próximos 45 días as rúas de Santiago de Compostela para velar por unha "convivencia harmónica" entre veciños e turistas e informarán sobre o decálogo de boas prácticas, entre elas reducir ruídos, e os múltiples atractivos da cidade, máis aló da zona de vella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade