Cargando resultados...
A catedral de Santiago despide o Ano Santo volvendo tocar as campás á man
A catedral de Santiago despide o Ano Santo volvendo tocar as campás á man
14 membros da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia badalearán na Translación e tamén no peche da Porta Santa
Van décadas sen facer repenicar as campás á maneira tradicional durante a liturxia
G24.gal
29/12/2022 21:23
Hai décadas que non se tocan as campás da catedral de Santiago á maneira tradicional durante a liturxia, pero iso vai cambiar nesta despedida do Ano Santo.
A Asociación Cultural Campaneiros de Galicia vainas facer soar na cerimonia da Translación e no peche da Porta Santa.
Na véspera, subimos á torre das campás para asistir a un pequeno ensaio.