Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve entrar carbón nas central das Pontes

Volve entrar carbón nas central das Pontes

Hoxe empezaron a chegar os primeiros camións cargados co carbón que desembarcou a semana pasada en Ferrol

En total son 165.000 toneladas, que medio cento de camións van ir trasladando ata a central térmica

O mineral servirá para reactivar a planta, aínda que só á metade da súa capacidade

G24.gal 17/10/2022 14:52

Día de moita actividade no porto exterior de Caneliñas. 165.000 toneladas de carbón irán para a central térmica das Pontes. 50 camións son os encargados de transportalas. Son menos da metade que hai tres anos. Daquela eran 130 os que facían este traballo, pero neste tempo a incerteza fixo que moitos buscasen outras alternativas.

A mesma incerteza coa que tamén traballa o persoal da central, que estes días ultima xa a posta a punto dun dos grupos da planta para poder reactivala.

"Estamos barallando a posibilidade da semana do 25, ter o grupo dispoñible. Segundo as previsións de mercado, con estes prezos desorbitados o carbón resulta competitivo e, polo tanto, empezariamos a traballar", comenta o secretario de organización de UXT Endesa Galicia

Nas próximas semanas está previsto que cheguen máis buques con carbón á comarca de Ferrolterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade