A Xunta convoca a Endesa o martes para facer seguimento do desmantelamento da central das Pontes
A Xunta convoca a Endesa o martes para facer seguimento do desmantelamento da central das Pontes
Na xuntanza tamén se tratará a continuidade dos empregos da central
A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, convocou para o vindeiro martes unha reunión de traballo con Endesa para facer un seguimento do inicio da fase de desmantelamento da central térmica das Pontes de García Rodríguez.
Na xuntanza tamén se tratará a continuidade dos empregos da central.
Este encontro terá lugar en Santiago a partir das 18:00 horas. A el están convocados os representantes sindicais, a administración local e autonómica e Endesa.
"O obxectivo é abordar o estado no que se atopa nestes momentos o plan de desmantelamento da térmica, que están a piques de empezar, e conseguir garantías de continuidade laboral para os traballadores das empresas auxiliares, que deberán acometer o cronograma de accións acordado para os próximos meses", indicou a Xunta nun comunicado.