Cargando resultados...
O adeus á central de Endesa-As Pontes e a 47 anos de historia
O adeus á central de Endesa-As Pontes e a 47 anos de historia
A central térmica de Endesa As Pontes, que comezou a funcionar en 1976, queima as súas últimas reservas de carbón antes de parar definitivamente
G24.gal
23/09/2023 15:30
Última actualización 23/09/2023 16:34
Entre setembro e outubro, a última central térmica de Endesa operativa na Península, vai quedar desconectada da rede eléctrica. Despois comezarán os labores de desmantelamento, que se van prolongar durante 4 anos.
A principal preocupación das partes afectadas é que se manteñan os compromisos de reindustrialización anunciados pola empresa e que se recoloque o cadro de persoal da central e das empresas auxiliares.