Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CEOE rompe o diálogo co Ministerio de Traballo

A CEOE rompe o diálogo co Ministerio de Traballo

Din que os enganaron ao pactar con Bildu unha emenda que afecta aos ERE

Yolanda Díaz nega os argumentos e di que a medida era un acordo de goberno

G24.gal 15/12/2022 07:44

A Confederación de Empresarios rompe o diálogo co Ministerio de Traballo. Di que o fai pola "traizón" do departamento de Yolanda Díaz ao pactar con Bildu que a Inspección de Traballo controle os ERE. Terán que comprobar as causas que esgrimen as empresas para facer despedimentos colectivos. A medida incluíuse nunha emenda á lei de emprego.

Na CEOE afirman que os enganaron porque este asunto quedou apartado da reforma laboral e agora, din, volve pola porta de atrás.

A ministra de Traballo nega esa versión. E cre que hai outros motivos detrás da ruptura do diálogo. Tampouco entende por que os empresarios son remisos a que a Inspección de Traballo faga o seu papel e vele polo cumprimento da legalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade