Cargando resultados...
A charca do Alligal, en Vilalba, conxuga o uso lúdico e o terapéutico
A charca do Alligal, en Vilalba, conxuga o uso lúdico e o terapéutico
Atribúenselle propiedades curativas para a pel e os ósos
G24.gal
16/04/2022 20:40
A charca do Alligal, en Vilalba, estaba este sábado chea de xente. Día solleiro e vacacións son dous factores que contribúen a incrementar as visitas a esta fonte termal de augas mineiro-medicinais. Atribúenselle propiedades curativas, sobre todo, para a pel.
Unha parella que se desprazou canda uns amigos dende a Costa da Morte proban os seus beneficios coa esperanza de que axude a sandar un pé accidentado. Tamén están indicadas para problemas reumáticos. As augas son carbonatadas cálcicas, de mineralización débil.
Pero moita xente visita a charca polo pracer do baño a unha temperatura media de 23 graos, algo que a estas alturas do ano é difícil atopar nas costas galegas.