A chuvia dá unha tregua e permite a saída da procesión do Santo Encontro en Ferrol
A chuvia dá unha tregua e permite a saída da procesión do Santo Encontro en Ferrol
A procesión da Confraría das Dores é unha das máis multitudinarias da Semana Santa ferrolá
Ferrol vive unha das xornadas máis especiais da Semana Santa coa procesión do Santo Encontro, unha das máis concorridas.
A climatoloxía deu un respiro e permitíu a saída dos pasos da Confraría das Dores, que percorren os itinerarios previstos desde as 11:30, logo da cancelación por mor da chuvia, na noite do Xoves Santo, da procesión do Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade.
Durante a tarde, hai procesións desde as 16:30 ata as 21:00, co Santo Enterro e a Virxe da Soidade. Xa pola noite, a última en saír no Venres Santo é a procesión dos Caladiños, que empeza ás 23:30.
A Semana Santa de Ferrol ten catro séculos de historia e desde hai dez anos é Festa de Interese Turístico Internacional.