A chuvia intermitente non puido coa procesión da Caridade e o Silencio de Ferrol
A chuvia intermitente non puido coa procesión da Caridade e o Silencio de Ferrol
O desfile saíu desde o santuario das Angustias
O santuario das Agustias de Ferrol recibiu durante todo o día centos de fieis que, coma cada ano, acudiron a depositar os seus donativos, cartos que se destinan a apoiar o labor do refuxio do Santo Hospital da Caridade a prol das persoas máis desfavorecidas.
Contra as oito da tarde, o templo foi o lugar de partida da procesión da Caridade e o Silencio, co paso da Cruz Sudario e a talla da virxe, datada do século XVIII. Neste desfile, todos os confrades fan un xuramento de silencio e van vestidos de loito rigoroso e sen capa.
A Semana Santa de Ferrol culmina o domingo coa procesión da Resurrección, que organizan conxuntamente tres confrarías, a da Soidade, a da Mercé e a das Angustias.
A praza de Armas será o escenario do Gozoso Encontro, cos pasos de Santa María Magdalena, Xesús Resucitado e María Santísima da Luz.