A chuvia non impide a presenza de centos de devotos na romaría da Nosa Señora das Cabezas
A chuvia non impide a presenza de centos de devotos na romaría da Nosa Señora das Cabezas
Os romeiros pídenlle á Virxe a cura de enfermidades relacionadas coa cabeza
Achegarse ata o mosteiro da Armenteira neste luns de Pascua é para moitos unha cita obrigada.
Son centos os devotos que non queren faltar ao encontro coa Nosa Señora das Cabezas para agradecer ou cumprir coas súas promesas. Pídenlle á Virxe a cura de enfermidades relacionadas coa cabeza.
Ata a alí chegan fieis de toda Galicia. Excursións programadas e moitos devotos de localidades próximas fan o percorrido a pé aínda que a chuvia mudou algúns plans nun día para a devoción pero tamén para a festa.
En Meis non faltará a música e por suposto a boa gastronomía, polbo ou churrasco acompañado de viños e licores. Milleiros de persoas pasarán pola Armenteira antes de que remate o día para gozar da festa e sobre todo para pedir saúde para a cabeciña.