Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia respecta a procesión do Luns Santo en Ferrol para ledicia de fieis e visitantes

A chuvia respecta a procesión do Luns Santo en Ferrol para ledicia de fieis e visitantes

A procesión do Cristo Rei e a Virxe da Amargura da confraría das Dores puido saír finalmente da praza de Amboaxe 

G24.gal 25/03/2024 21:21 Última actualización 25/03/2024 21:50

O tempo marca esta ano unha Semana Santa que en Ferrol está declarada de Interese Turístico Internacional e que enche as rúas da cidade.

O mal tempo respectou os primeiros compases desta Semana Santa ferrolá para que puidera saír da praza de Amboaxe a procesión do Cristo Rei e a Virxe da Amargura da confraría das Dores.

Ata o último momento non se soubo se podía saír debido ás previsións do tempo e así parece que esta será a tónica durante o resto da semana. A Xunta de Confrarías e Irmandades asegurou que a intención sempre é saír á rúa pero lembran que tamén hai que protexer as tallas e imaxes dos santos polo seu valor artístico e patrimonial. 

No martes Santo a quenda será para dúas procesións, ás 19:30 da tarde está previsto que saia o Cristo da Morte a cargo da Confraría da Soidade, e ás 21:00 da noite será Xesús atado á columna e a Virxe da Esperanza, da confraría das Dores, os que percorran de novo as rúas de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade