Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CIG considera irrenunciable a suba salarial similar ao IPC no convenio do metal na Coruña

A CIG considera irrenunciable a suba salarial similar ao IPC no convenio do metal na Coruña

O sindicato denuncia que a patronal só ofrece subir un 2 % anual ata o ano 2028

 

G24.gal 06/05/2022 09:08

Os 16.000 traballadores do metal da provincia da Coruña están chamados de novo á folga o 12 de maio, tras celebrarse onte o primeiro dos paros cun seguimento superior ó 85 %, segundo os sindicatos.

O responsable provincial de Industria da CIG Eduardo Caamaño explicaba na Radio Galega que están dispostos a volver á negociación antes desa data, pero con liñas vermellas. Unha é a da suba salarial, que esixen que vaia acompasada ó incremento do custo da vida:

"A patronal ofrécenos unha suba salarial media dun pouquiño máis do 2 por cento en seis anos, non podemos aceptar que non se garanta mínimo o IPC. Fixemos un cálculo estimado que podemos perder nestes 6 anos cerca de 8.000 euros de media por traballador".

Outro dos cabalos de batalla é a subrogación dos traballadores de mantemento cando cambian de contrata, que si consideran outros convenios provinciais en Galicia. Caamaño di que a patronal só admite que se faga en empresas de máis de 250 traballadores:

"A subrogación no mantemento industrial, nas telecomunicacións e nas eléctricas entendemos que é un dereito dos traballadores, xa que levan traballando ao mellor 20 ou 30 anos no sector e non teñen antigüidade ningunha, ao mellor teñen un ou dous anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade