A CIG pide unha fronte común contra o veto á pesca de fondo
A CIG pide unha fronte común contra o veto á pesca de fondo
Anuncia que presentará un recurso para pedir a anulación do decreto
Reclaman medidas compensatorias mentres non se resolven os recursos
A CIG anunciou esta mañá que vai presentar o seu propio recurso contra o veto á pesca de fondo que vai entrar en vigor o vindeiro día 9. O sindicato considera fundamental crear unha fronte común, unha mesa única á que se sumen todas as administracións, central e autonómica, e tamén os armadores e traballadores.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, pediu que os gobernos aproben medidas compensatorias para o sector, mentres non se resolven os recursos e evitar que a parada da frota signifique o despezamento.
Aseguran que o veto obrigará a que os barcos acaben pescando todos no mesmo sitio e provocando enfrontamentos entre pescadores, mesmo doutros países. Din tamén que o novo regulamento non lle afecta só ao Gran Sol, senón tamén á baixura ou ao palangre. Cren que a resposta ten que ser conxunta de todo o sector pesqueiro ou levará á división das artes que, aseguran, é o que pretende o comisario europeo con este veto.
Anuncian un calendario de mobilizacións que darán a coñecer nos vindeiros días. A primeira está convocada para este sábado en Ribeira.