A colaboración cidadá frustra o atraco a un estanco de Vigo

O propietario encarou o atracador e foi axudado por un home que entrou ao escoitar os berros

G24.gal 21/11/2023 14:23

En Vigo, a Policía Local detivo un home que minutos antes asaltara un estanco armado cun machete. O seu estado de axitación facíao aínda máis imprevisible e perigoso. 

A plena luz do día e armado cun machete. Un home de trinta e sete anos tentou atracar un estanco da rúa María Berdiales. Ameazou o propietario, que sacou unha barra de ferro que tiña agochada tras o mostrador.

A resistencia e os berros da vítima puxeron nervioso o asaltante, que non puido abrir a caixa rexistradora e fuxiu para coller pouco despois un taxi.

Numerosos viandantes decatáronse do atraco e chamaron os servizos de emerxencia, que montaron un dispositivo de busca que acabou coa detención do atracador na Gran Vía de Vigo. O home está acusado dun suposto delito de roubo con violencia en grao de tentativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade