A colección Thyssen queda en España tras o acordo de alugueiro co Ministerio de Cultura
A colección Thyssen queda en España tras o acordo de alugueiro co Ministerio de Cultura
O contrato é por 6,5 millóns de euros anuais durante 15 anos
Péchanse máis de duas décadas de negociacións, en que o Goberno quixo comprar a colección
A colección Thyssen queda en España tras o acordo de alugueiro co Ministerio de Cultura. O contrato é por 6,5 millóns de euros anuais durante 15 anos.
Péchanse máis de duas décadas de negociacións, en que o Goberno quixo comprar a colección. Negociacións en que participaron ata dez ministros de Cultura e que viviron o seu momento crítico no 2020 coa saída do museo da peza icónica da colección, ao cadro Mata Mua de Paul Gaugin, xunto o que hoxe se asinou o acordo. Son 330 obras valoradas en máis de 1.700 millóns de dólares.
"Acompañarán a partir de agora e durante quince anos unha colección que xa era de por si moi impresionante, a colección permanente do Museo Thyssen-Bornemisza, así garántese a difusión nacional e internacional dun patrimonio que todos coñecemos e que a cidadanía poderá volver a desfrutar desde mañá mesmo, 10 de febreiro", dixo Miquel Iceta, ministro de Cultura.