A colleita de uva na Ribeira Sacra pode ser a maior da historia
A colleita de uva na Ribeira Sacra pode ser a maior da historia
As videiras presentan máis acios do habitual en todas as castes
O clima da primavera axudou pero segue habendo pragas
Godello, mencía, garnacha, tintoreira... todas as castes de videiras na Ribeira Sacra teñen estes días un número de acios fóra do común. As precipitacións e as temperaturas axudaron dende o comezo da floración ata hoxe e a profesionalización do sector fixo o resto. De feito, nalgunhas plantas hai mesmo un exceso de uva, algo que podería afectar á calidade.
As treboadas só causaron pequenos danos e moi concentrados. O problema é que con elas aparecen fungos como o mildio e o oídio que obrigan os viticultores a ter que botar man máis do desexado dos fitosanitarios, produtos que tampouco escaparon da inflación e que supoñen un esforzo económico extra.
Dentro dun mes xa se poderá facer unha estimación da colleita prevista para este ano, que, salvo catástrofe, apunta a ser de récord.