Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento reivindica os lazos e cooperación entre Galicia e Portugal

O Parlamento reivindica os lazos e cooperación entre Galicia e Portugal

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal recibe a medalla do Parlamento de Galicia

É un recoñecemento á cooperación transfronteiriza e máis de 30 anos de traballo

G24.gal 04/04/2023 14:41

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, con máis de 30 anos de historia, recibe a medalla do Parlamento de Galicia como recoñecemento á cooperación transfronteiriza e ao traballo a prol da mellora da calidade de vida dos máis de 6 millóns de habitantes desta eurorrexión.

"Facémolo a través dun acordo unánime que simboliza a importancia capital que os galegos outorgamos ás relacións con portugal", destacou Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.

O actual presidente da Comunidade de Traballo, un cargo rotatorio entre Galicia e Portugal, destacou a historia común dos seus territorios e tamén dos retos futuros que enfrontan, como a alta velocidade entre Galicia e O Porto.

"Debemos ir máis lonxe na economía, nos corredores loxísticos, na conexión ferroviaria para persoas e mercancías. É un dos nosos proxectos principais", apostou António M. Cunha, presidente na Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou por seguir sendo pioneiros nunha Europa que deixa atrás as fronteiras. "Podemos sentir orgullo de ser adiantados a esas ideas que compartimos moitos pobos de Europa. O soño desa Europa sen fronteiras empezou a ser realidade aquí moito antes que noutros sitios. Demostramos que a forza do entendemento é superior á forza do enfrontamento", lembrou Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

Rueda tamén destacou que nun mundo globalizado, a cooperación tranfronteiriza permite ser máis competitivos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade