Publicador de contidos
Publicador de contidos

A comunidade educativa celebra a redución do fracaso escolar en Galicia

A comunidade educativa celebra a redución do fracaso escolar en Galicia

Os últimos datos do Ministerio de Educación sitúan Galicia como a terceira comunidade con mellores resultados

Só 8 de cada 100 alumnos abandonan os estudos ao rematar o ensino obrigatorio

Motivación, seguimento e reforzo escolar son algunhas das claves do éxito

Alumnos do IES 12 de Outubro de Ourense asisten a clase
G24.gal 31/01/2022 14:27

Galicia leva reducindo ano tras ano o abandono escolar ata situarse, segundo o último informe do Ministerio de Educación, como a terceira comunidade cos mellores datos, só por detrás do País Vasco e Cantabria. O traballo en equipo é unha das claves que destacan desde a comunidade educativa.

"Iso é o máis importante: que funcione ben a coordinación entre o profesorados de aula, as titoras, o equipo de orientación educativa e as familias", destaca Xosé Manuel Fírvida, xefe de estudos do IES 12 de Outubro de Ourense.

Só un 8 % dos que rematan o ensino obrigatorio deixan os estudos, fronte o 25 % que o facía hai unha década. 

"Sempre vén algún con medo a seguir, que quere deixalo, pero motivámolos abondo para que sigan, a atención é personalizada", sinala Concha Álvarez, vicedirectora do IES Blanco Amor de Ourense.

Reforzo educativo

Desde a consellería de Educación promoven programas específicos de reforzo educativo para os alumnos que o precisan, como o plan Proa e o Arco. Motivación, seguimento, reforzo... son algunhas das claves destes resultados nos que tamén inflúen factores socioeconómicos, máis difíciles de abordar desde a comunidade educativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade