Publicador de contidos
Publicador de contidos

A condutora do atropelo múltiple de Lanzarote dá positivo en alcol e drogas

A condutora do atropelo múltiple de Lanzarote dá positivo en alcol e drogas

No sinistro faleceu un bebé de cinco meses e seis persoas máis quedaron feridas

G24.gal 12/03/2024 12:57

A autora do múltiple atropelo de Lanzarote, en que morreu un bebé de cinco meses e seis persoas máis quedaron feridas, conducía baixo os efectos do alcol e as drogas.

Así o confirmou a Policía Local de Yaiza, concello canario onde ocorreu o atropelo, que se encarga de instruír o atestado e mantén aberta a investigación.

A condutora, de 23 anos, perdeu o control do vehículo e invadiu a beirarrúa, por onde camiñaban varias persoas.

Dúas das mulleres feridas no accidente foron evacuadas ao hospital con varios traumatismos de carácter grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade