Publicador de contidos
Publicador de contidos

A confraría de Arcade pide un plan contra as especies depredadoras da ameixa

A confraría de Arcade pide un plan contra as especies depredadoras da ameixa

As capturas de babosa baixaron un 77 % en tres anos e as de xapónica caeron á metade na última campaña

A ouxas, os cangrexos e as buguinas son os principais depredadores destes moluscos

G24.gal 29/01/2023 21:29 Última actualización 29/01/2023 21:44

En Arcade, as capturas de ameixa babosa descenderon un 77 % nos últimos tres anos e as de xapónica caeron á metade na última campaña. A confraría dá a voz de alarma.

“É moitísimo, os que taballamos a flote podemos traballar outras artes, pero para quen vive só do marisqueo é un problema”, explica Gonzalo Reinoso, patrón maior da confraría de Arcade.

As confrarías de Arcade e Redondela achacan o problema á proliferación de especies depredadoras. A principal é a ouxa, un tipo de raia que come as sementes da ameixa.

“Desde que xa ninguén anda a elas é unha especie que non ten depredadores aquí dentro da ría, e é un grave problema”, di o patrón maior de Arcade.

Outras especies depredadoras son os cangrexos e as buguinas, que fan este pequeno burato na cuncha para comeren as ameixas

“Ponse enriba dela, faille un buratiño na cuncha e elimínaa”

O centro de investigacións mariñas de Vilaxoán está facendo un estudo para analizar o comportamento destes depredadores. As confrarías piden un plan para evitar que sigan proliferando e acabando co seu sustento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar