Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Conselleira do Mar chama os bateeiros a dialogar sobre a xestión da mexilla

A Conselleira do Mar chama os bateeiros a dialogar sobre a xestión da mexilla

Rosa Quintana pide que volvan ás negociacións despois de que un grupo a increpara e acurralara o venres

G24.gal 07/02/2022 13:15

A conselleira do Mar ofrece diálogo aos bateeiros despois de que un grupo deles a increparan o venres pasado en protesta pola redución das zonas para extraer mexilla. Rosa Quintana pídelles que volvan á Mesa de Negociación.

A Conselleira do Mar fixo esas declaracións nunha visita á Confraría de Corme, no concello de Ponteceso, que estreaba neveira para manter a carnada. Un proxecto de innovación e eficiencia enerxética subvencionado con axudas da Xunta.

A Conselleira lembrou que volveu abrir o prazo para pedir estas subvencións. Son 7 millóns de euros e poden solicitarse as axudas ata o mes de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar