A Coruña busca a mellor hamburguesa de España
A Coruña busca a mellor hamburguesa de España
O Paseo das Pontes acolle o concurso The Champions Burger
Os comensais decidirán cos seus votos que hamburguesas pasarán á final
Vinte hamburgueserías compiten na Coruña por alcanzar a final de The Champions Burger, o campionato que recoñece a mellor hamburguesa de España. Será o público quen decida cos seus votos quen son os gañadores deste certame itinerante que estará na cidade herculina ata o 18 de agosto.
The Champions Burger é un certame nómade que percorre España buscando a hamburguesa perfecta. A Coruña é a décimo segunda parada do concurso. Os visitantes poden probar as diferetes propostas gourmet de vinte restaurantes e votar a experiencia, valorando o sabor, a combinación de ingredientes, a presentación e a orixinalidade.
Da cita coruñesa sairán dúas hamburguesas vencedoras que competirán na final espoñola o próximo outono. Vigo será a próxima parada de The Champiosn Burger.