A Coruña resolve este mércores a quen adxudica a recollida de lixo cando se cumpre un mes de folga
A Coruña resolve este mércores a quen adxudica a recollida de lixo cando se cumpre un mes de folga
A concesionaria do servizo comunicou 29 sancións graves a traballadores "que supoñen a suspensión de emprego e soldo de seis a dez días"
A Policía Local identificou dous sospeitosos da queima de contedores. Arredor de 125 foron queimados nas últimas semanas, cun custo taproximado de 375.000 euros
A Coruña entra en emerxencia sanitaria e o mércores terá unha nova recollida de lixo
A concesionaria do servizo de recollida de lixo da Coruña, Prezero, comunicou 29 sancións graves "que supoñen a suspensión de emprego e soldo de seis a dez días en función do número de infraccións cometidas en cada caso". Mentres, segue o lixo acumulado en contedores e ao seu ao redor pola rúas da cidade herculina.
Así mesmo, iniciáronse "dez novos expedientes disciplinarios por faltas moi graves" e a adxudicataria "segue coa tramitación regulamentaria dos expedientes disciplinarios a tres membros do comité de empresa". Así o confirmaron fontes próximas consultadas por Europa Press.
"A empresa empeza a comunicar sancións que implican suspensións de emprego e soldo por acumulación de infraccións", insistiron.
Estas corresponden a infraccións cometidas desde que empezou a folga, o pasado 24 de xuño, convocada polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), organización maioritaria no comité, con motivo de "despedimentos inxustificados", "externalización de servizos" e "incumprimentos" do convenio.
A alcaldesa da Coruña Inés Rey anunciou este martes que hai algunha empresa que se interesou xa no contrato de urxencia para a recollida de lixo tras a declaración da situación de emerxencia sanitaria.
Preguntada polos medios este martes, a rexedora indicou que se celebrou a primeira comisión de seguimento da emerxencia sanitaria, na que estiveron presentes a concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira, a de Seguridade Cidadá Montserrat Paz e o de Economía José Manuel Lage.
Esta comisión, dixo, "reunirase diariamente", incluídos domingos e festivos, para "coordinar" a situación e facer un seguimento das porcentaxes de recollida, incidencias que se poidan producir e seguimento dos labores da nova empresa que reforzará o servizo desde mañá con 13 vehículos e 32 operarios.
As empresas interesadas teñen de prazo ata este mércores ás 10 horas para presentar as súas ofertas.
A alcaldesa asegurou que xa hai algunha empresa interesada; daquela, mañá analizaranse as propostas para que se empece a prestar o servizo.
A pasada noite, segundo informou o Concello, houbo tincendios de contedores nas rúas Mosteiro de Sobrado, Mariana Pineda e Eugenio Carré Aldao.
A Policía Local identificou dous sospeitosos en relación a esta queima de contedores.
Por agora, segundo datos municipais, arderon 125 colectores, o que supón un custo de 375.000 euros.
O persoal da recollida de lixo está en folga, en teoría intermitente, desde o 24 de xuño, aínda que diaria na práctica.
Mañá ás 10 remata o prazo para a presentación de ofertas,e ao longo da mañá analizaranse as que se presentaran e procederase ao encargo e a partir dese momento terán que prestar o servizo, lembrou a alcaldesa
Mentres o comité de folga acusa directamente ao concello da situación que está a vivir a cidade, proque din que non escoitaron todas as peticións, queixas e denuncias do comité de empresa. E por iso volveron solicitar formalmente unha xuntanza coa alcaldesa