Cargando resultados...
A Coruña superará en 2022 a marca histórica de chegada de transatlánticos
A Coruña superará en 2022 a marca histórica de chegada de transatlánticos
Está prevista en 2022 a escala de 170 grandes embarcacións con turistas
G24.gal
08/01/2022 13:03
As previsións do porto da Coruña para 2022 estiman unha marca histórica de escalas de transatlánticos. A cifra máis elevada ata o momento alcanzouse en 2017, con 120 grandes barcos de pasaxeiros, que trouxeron á cidade uns 185.000 turistas.
Para este ano estaban previstas 140 escalas, pero finalmente a cifra aumentou ata as 170. Supón así que en 2022 haberá un incremento do 42 % sobre a marca de 2017, o mellor ano do porto da Coruña canto á chegada de transatlánticos.