Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cruz Vermella colabora no acollemento da poboación ucraína refuxiada

A Cruz Vermella colabora no acollemento da poboación ucraína refuxiada

Insiste en que a acollida debe ser coordinada polas institucións e organizacións colaboradoras

G24.gal 19/03/2022 14:18

A Cruz Vermella é unha das entidades tecedoras da rede de apoio que atende os ucraínos chegados a España. A maioría son mulleres e nenos. Cómpre que soliciten canto antes a protección temporal que lles dará acceso ao programa de acollemento.

"Reciben unha primeira acollida, asesoramento legal e aloxamento para que estas persoas poidan entrar logo nun programa onde se atenden as súas necesidades básicas e onde se fan actividades que fomentan a súa autonomía e integración dentro da sociedade", explica Juan Redondo, responsable de Asilo e Migracións da institución en Galicia.

A Cruz Vermella analiza as súas necesidades e traza o itinerario de intervencións, que inclúe aloxamento, atención psicolóxica e legal e clases de español.

A entidade valora as incontables iniciativas solidarias co pobo ucraíno, pero insiste en que, para garantir a seguridade destas persoas, a acollida debe realizarse de forma coordinada coas institucións competentes ou coas organizacións colaboradoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade