Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cruz Vermella envía 18 toneladas de axuda humanitaria para Ucraína

A Cruz Vermella envía 18 toneladas de axuda humanitaria para Ucraína

O envío da Cruz Vermella inclúe 1.783 kits de cociña, mantas e toldos

G24.gal 12/03/2022 22:12

Case 18 toneladas de axuda humanitaria para Ucraína saíron este sábado do centro loxístico da Cruz Vermella nas Palmas de Gran Canaria. Un cargamento con artígos de primeira necesidade, como utensilios de cociña, toldos e mantas

“Estes elementos son os que van permitir que as persoas poidan facer uso dos alimentos e do resto da axuda humanitaria”, explica Antonio Rico, presidente da Cruz Vermella en Canarias.

O cargamento ten como primeiro destino Hungría. A Cruz Vermella Internacional estableceu alí un almacén para repartir a axuda humanitaria con destino a Ucraína e entre os países veciños que acollen os 2,5 millóns de desprazados pola guerra.

En Sevilla máis de 100 voluntarios cargaron un autobús con tres toneladas de medicinas, alimentos e produtos de primeira necesidade con destino ao campo de refuxiados de Zahony, na fronteira entre Hungría e Ucraína.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade