Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cuarta futbolista de As Celtas é Paula Lorenzo

A cuarta futbolista de As Celtas é Paula Lorenzo

Do mesmo xeito que Ana Toubes e Paula González, esta nova incorporación tamén vestía as cores do Mos a tempada pasada

G24.gal 21/06/2024 17:05 Última actualización 21/06/2024 17:09

A centrocampista mosense Paula Lorenzo Estévez (2003) é a cuarta futbolista confirmada do equipo feminino do Celta, As Celtas. Do mesmo xeito que Ana Toubes e Paula González, esta nova incorporación tamén vestía as cores do Mos a tempada pasada; no seu caso, ademais, é natural dese municipio e formouse na canteira de As Baloutas.

A través dun comunicado, o club "móstrase moi ilusionado con esta nova incorporación ao equipo das Celtas e deséxalle a maior das sortes á xogadora".

Durante catro tempadas, entre o 2018 e o 2023, xogou no Sárdoma vigués, co que tivo oportunidade de debutar en categoría nacional aos 17 anos. O curso pasado púxose ás ordes do actual coordinador deportivo de As Celtas, Humerto Lede, e agora fará o propio con Vicky Vázquez. Das catro xogadora oficializadas ata o de agora, a única que non xogaba a pasada campaña no Mos é Lara Martínez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade